viernes 7 de enero de 2011

HOME


Estamos vivindo un período crucial. Os científicos din que temos dez anos para  cambiar o noso estilo de vida, para evitar o esgotamento dos recursos naturais e evitala evolución catastrófica do clima da Terra.

Cada un de nós debe participar no esforzó colectivo, por iso é que se fixo a película HOME.
Para que este filme sexa divulgado o más amplamente posible EuropaCorp, o distribuidor, tamén se comprometeu a non buscar beneficio ningún, xa que HOME non ten interese comercial.
Queremos que este filme sexa o voso filme. Compartide e actuade!!!


home from seres on Vimeo.

miércoles 5 de enero de 2011

O troll da Internet


Porque no fondo o Troll da internet so busca confrontación, e neste mundo ten que haber de todo.
Vía El Jueves.

viernes 26 de noviembre de 2010

¿Quen controla os cartos?

Hoxe póñovos dous anacos de dúas películas onde explican moi claramente como funciona este sistema e cales son as artimañas que fan os bancos para controlar o poder.



Despois de ver isto fago as seguintes reflexións:

1º.- O sistema capitalismo é un sistema piramidal baseado na revalorización indefinida dos activos.
2º.- A falta de mecanismos mais exhaustivos de control permite que as grandes entidades conduzan o seu antollo a débeda, facéndose co control dos gobernos de moitos países.
3º.- A poboación manipulada e enganada polos seus mandatarios acepta esta situación e ignora a repercusión que esto producirá.
4º.- ¿Por que lles permitimos facer isto?


A semana pasada Eric Cantoná propuxo unha acción organizada (pincha aquí para vela) para o próximo 7 de decembro. Ese día todos os europeos que simpaticen cos propósitos revolucionarios de Cantona deberán ir ó banco a retirar todos os cartos das súas contas.

jueves 25 de noviembre de 2010

Gran Turismo 5

Despois de moitos anos de espera, controversias e comparacións, Gran Turismo 5 está aquí. É o mellor xogo de conducción feito ata o momento (mais de 6 anos de desenrolo). Cuns 1,000 vehículos minuciosamente deseñados, 20 pistas e 70 variantes das mesmas, ademais do seu acabado visual e a súa xogabilidade.
Polyphony Digital e Sony presenta este extraordinario xogo que non decepcionará a ninguén

jueves 18 de noviembre de 2010

Cars 2


Novo trailer de Cars 2, no cal Lightning McQueen e Mater viaxan polo mundo para participar nunha Carreira de Campeones, e no proceso encóntranse con Finn McMissile, un espía británico; como é obvio, as cousas complícanse de maneira divertida.

jueves 11 de noviembre de 2010

San Martiño

Di un refrán moi noso que "do viño novo, bota un traguiño polo San Martiño". E cláro, quen son eu para non facer caso da sabiduría popular do miña terra, guiareime logo e irei tomar un viño ata a Carballeira de Francos en Teo. Ahhh, e unha tapiña de polbo tamén... Que teñades bo San Martiño!!!

martes 9 de noviembre de 2010

XII Mostra de Curtometraxes "Vila de Noia"


Un ano máis, o Coliseo Noela abre as súas portas ó mundo dos curtometraxes para celebrar a XII Mostra de Curtometraxes "Vila de Noia", unha cita que non se poden perder todos aqueles amantes do bo  cine.

Repartido en  catro secciones oficias e vanse a dar case 9.000 euros en premios. O certame terá unha duración de dez días, dende o 26 de novembro ata o 5 de decembro.  

Por unha parte, está a sección de curtometraxes comarcais; creada para incentivar ós creadores da zona. Logo, sitúanse dous clásicos, a de vídeo e a de cine. E, por último, está unha novidade. Tratase dun apartado chamado narracións extraordinarias, onde non se busca un género concreto. Únicamente, quérese encontrar a orixinalidade, a innovación tanto en temática como en técnica.

viernes 5 de noviembre de 2010

Grita

Esta semana a vai de cortos... e este gañou o premio especial do xurado en Notodofilmfest.